Leonor de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Viúva: Castela - Castilla
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 21:
=== Raíña de Inglaterra ===
[[Ficheiro:EleanorAkvitanie1068.jpg|thumb|right|Anverso do selo de Leonor no que se le ''Leonor, pola graza de Deus, Raíña dos Ingleses, Duquesa dos Normandos''. No reverso, a lenda di ''Leonor, Duquesa de Aquitania e Condesa dos Angevins''.<ref name=Seward>Bonnie Wheeler, John Carmi Parsons; ''Eleanor of Aquitaine: Lord and Lady''; Palgrave Macmillan, 2003</ref>.]]
O [[18 de maio]] de [[1152]], Leonor casou na catedral de Santo Andrés de Burdeos, co que sería o rei [[Henrique II de Inglaterra]], unindo os seus dominios en [[Francia]] cos que xa posuía o seu novo marido ([[Anjou]], [[Maine, Francia|Maine]] e [[Normandía]] alén de [[Inglaterra]] e [[Gales]]). Deste xeito formábase o chamado Imperio Anxevino, no cal os reis de Inglaterra sendo vasalos do rei de Francia, controlaban un territorio oito veces maior ó controlado por [[Luís VII de Francia|Luís VII]].
 
Deste matrinonio naceron oito fillos, cinco homes e tres mulleres. Na súa corte, establecida principalmente en [[Poitiers]], tivo un grande auxe a literatura cabaleresca, sendo mecenas de moitos trobadores. A existencia dunha amante do seu marido, provocou o enfrontamento entre Leonor e Henrique, a partir de [[1173]], Leonor promoveu a rebelión de tres dos fillos do rei contra o seu pai. Tras reprimir a rebelión, Henrique encarcerou a Leonor, primeiro en [[Chinon]] e máis tarde en [[Salisbury]], onde permaneceu en arresto ata a morte de Henrique en [[1189]].