Hugo van der Goes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 11:
As primeiras informacións certas sobre Vander Goes sitúano en Bruxas no 1468, onde colabora na decoración para as festas en celebración da vodas do duque de Borgoña, Charles o Temerario.
 
Entre [[1476]] e [[1477]], executa para [[Tommaso Portinari]], representante dos Médici en Bruxas, o [[tríptico Portinari]]. É a súa obra máis célebre, sen dúbida, de grandes dimensións para a época (253 x 586 cm), e realizado case xa no final da súa carreira. Unha vez que o tríptico chegou a [[Florencia - Firenze|Florencia]] (onde se expón na actualidade na [[Galería Uffizi]]), exerceu unha enorme influencia sobre os pintores florentinos. [[Ghirlandaio]], [[Filippino Lippi]] e [[Leonardo da Vinci]], ademais doutros artistas, que estudaron a pintura como unha das primeiras obras mestras flamengas chegadas a Italia.
 
A pesar da sona da obra devandita, aínda en ámbito flamengo se conserva a extraordinaria ''Dormitio Virginis'' (Morte da Virxe), hoxe no [[Groeningemuseum]] de [[Bruxas]], revolucionaria polos seus escorzos, disposición de masas e penetración psicolóxica na representación das personaxes.