Neue Slowenische Kunst: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SpBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fi:Neue Slowenische Kunst
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 9:
Tanto '''IRWIN''' como '''Laibach''' comparten a idea de que a súa obra é máis da colectividade que do grupo individual. As cancións orixinais e arranxos de Laibach son sempre atribuídas ó colectivo; os artistas individuais non son nomeados nos libretos dos discos. mesmo houbo dous grupos distintos de Laiback facendo xiras á vez, ambos con membros orixinais do grupo. Similarmente, os artistas de IRWIN nunca asinan a súa obra individualmente. Pola contra, eles están "asinados" cun certificado ou selo que os aproba como unha obra do colectivo IRWIN.
 
Desde 1991, NSK proclama a constitución dun estado, similar ó doutras micronacións. Isto incluiría pasaportes, presentar os espectáculos como embaixadas ou mesmo terrritorios do seu suposto estado, e manter consulados en numerosos cidades, como [[Umag]] ([[Croacia]]) ou [[Florencia - Firenze|Florencia]] ([[Italia]]). NSK tamén ten impreso selos postais. Laibach, en 2006, gravou (algunhas máis ben son remezclas) o Himno Estatal de NSK no CD "Volk", aínda que o "himno" adopta a súa melodía doutras cancións de Laibach, como "The Great Seal". A versión de Laibach do himno de NSK inclúe unha voz computarizada recitando un extracto do famoso manifesto "''We shall fight them on the beaches/We shall never surrender''" de [[Winston Churchill]].
 
O NSK foi obxecto en 1996 dun documental escrito e dirixido por [[Michael Benson]], titulado ''Prerokbe Ognja'' ("predicións do lume"). No documental aparece entrevistado o teórico esloveno [[Slavoj Žižek]].