Saudade (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Publicación: Lingua galega
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 12:
 
== Contidos ==
''Saudade'' caracterizouse como revista de contido [[Poesía|poético]], con máis do 30% dos textos publicados na revista. Os textos en [[prosa]] eran minoritarios e consistían en artigos de crítica e [[Ensaio (literatura)|ensaio]], [[narrativa]] e [[poética]]. A temática galega foi constante nas páxinas dedicadas a escritores, á [[emigración]], [[historia]], [[folclore]], [[economía]], [[música]], lingua, política de Galicia, [[celtismo]] e [[atlantismo]], etc.
 
As ilustracións son relativamente escasas, sempre en [[branco e negro]] e normalmente de pequeno formato. Predominan as inspiradas en figuras, [[paisaxe]]s e escenas galegas. A [[fotografía]] foi empregada en contadas ocasións. Colaboraron os ilustradores [[Arturo Souto|Arturo]] e [[Uxío Souto]], [[Manuel Colmeiro Guimarás|Manuel Colmeiro]], Zarzalejo, [[Carlos Maside]], [[Cándido Sánchez Mazas]] ou [[Ramiro Illa Couto]], que normalmente non asinaban as súas obras.