Lawrence Durrell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: eu:Lawrence Durrell
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 4:
Deuse a coñecer como poeta e novelista na década dos trinta e obtivo o primeiro grande éxito de crítica con ''The Black Book'', escrito en [[París]] en [[1938]]. Así a todo, foi ''[[The Alexandria Quartet]]'', tetraloxía composta por ''Justine'' ([[1957]]), ''Balthazar'' ([[1958]]), ''Mountolive'' ([[1958]]) e ''Clea'' ([[1960]]), a obra que o converteu nun clásico do noso tempo, debido en boa medida á súa exploración das posibilidades da [[linguaxe]] [[narración|narrativa]], e que provocou entusiastas comparacións do autor con [[Marcel Proust|Proust]] e [[William Faulkner|Faulkner]]. Como boa parte da súa narrativa, procede da súa experiencia persoal como diplomático en [[Grecia]], [[Iugoslavia]], [[Chipre]] e [[Exipto]] e caracterízase pola experimentación formal en canto ao tratamento do [[tempo]] e o espazo. ''[[The Revolt of Aphrodite]]'' está composto por ''[[Tunc]]'' (1968) e ''[[Nunquam]]'' (1970). ''[[The Avignon Quintet]]'' fórmano ''[[Monsieur]]'' (1974), ''[[Livia]]'' (1978), ''[[Constance]]'' (1982), ''[[Sebastian]]'' (1983) e ''[[Quinx]]'' (1985).
 
É autor tamén de [[poesía]] (''Poemas completos, 1931-1974'') e de varias obras a medio camiño entre o [[Ensaio (literatura)|ensaio]] e o libro de viaxes.
 
{{DEFAULTSORT:Durrell Lawrence}}