Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
==A República==
[[Ficheiro:Anteproyeito de Estatuto da Galiza.JPG|thumb|200px|''Anteproyeito de Estatuto da Galiza'' de maio de 1931.]]
Uns meses máis tarde, o [[14 de abril]] de [[1931]], proclámase a [[Segunda República Española|República]] e, dende a sección do seminario que coordinaba Tobío, proponse redactar un anteproxecto do [[estatutoEstatuto de autonomíaAutonomía de Galicia de 1936|''Anteproyeito de Estatuto da Galiza'']]. O grupo de traballo formárono [[Alexandre Bóveda]], [[Ricardo Carvalho Calero]], [[Valentín Paz-Andrade]], [[Vicente Risco]] e o propio Tobío. Tobío e Carvalho foron os encargados de redactalo, e publicouse o [[6 de maio]] de [[1931]]. No inverno seguinte marcha a Madrid a preparar o doutoramento e coincidirá na capital española cos deputados [[PartidoGaleguismo Galeguista(política)|galeguistas]] [[Castelao]], [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] e [[Antón Villar Ponte|Villar Ponte]]. Precisamente o [[6 de decembro]] de [[1931]] cando se funda en [[Pontevedra]] o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Tobío non asiste por estar en Madrid, pero ingresa axiña nel e pasa a ser membro do seu Consello Executivo.
 
En [[1932]], logo duns meses en Galicia, trasládase a Madrid para preparar oposicións a inspector de traballo e á carreira diplomática, e aproba estas segundas. Ingresa no [[diplomacia|corpo diplomático]] en febreiro de [[1933]] e realiza diversos cursos e viaxes por países europeos, ata que se incorpora en decembro como secretario na embaixada española en [[Bulgaria]]. Permanece nese posto ata pouco despois do estourido da guerra ([[1936]]), cando o embaixador pasa ao bando dos sublevados e Tobío, de feito, ocupa a titularidade da legación española. A comezos de [[1937]] noméano cónsul en [[Montevideo]], pero antes de que viaxe ao [[Uruguai]] pídenlle a súa incorporación ao [[Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación de España|ministerio do Estado]], naquel momento localizado xa co resto do goberno en [[Valencia - València|Valencia]].