Al Qaida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 16:
 
== Historia e características ==
Fundouna [[Osama bin Laden]] enentre [[1988]] e [[1989]] co apoio dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] para reclutar [[Arabia Saudí|saudís]] que se uniran aos [[mujahidín]] que loitaban contra a ocupación soviética en [[Afganistán]], pero trala derrota soviética transformouse nunha forma de ideoloxía islámica radical que busca por medio de tácticas terroristas e militares suplantar os reximes de [[Oriente medio]] co obxectivo de xuntar a todos os musulmáns baixo un único goberno rexido estritamente polas [[lei islámica|leis islámicas]]. Afírmase que Al-Quaeda é unha organización salafista, sendo o Salafismo unha rama moi puritana do Islam, que afirma seguir fielmente a doutrina do profeta Mahoma.
 
A partir de [[1996]] instalouse en Afganistán, protexida polo [[movemento talibán|rexime talibán]]. As primeiras accións foron o atentado con [[coche-bomba]] contra o [[Torres xemelgas|World Trade Center]] de [[Nova York]] ([[1993]]), contra o campamento militar de [[Dhahran]] en [[Arabia Saudí]] ([[1996]]) e contra as embaixadas dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] en [[Nairobi]] e [[Dar es Salaam]] ([[1998]]).
Liña 25:
 
O domingo 1 de maio de [[2011]] o presidente dos [[EE.UU.]] [[Barack Obama]] anunciou que o líder de Al Qaida [[Osama bin Laden]] morreu nunha operación militar realizada por forzas especiais do exército dos EE.UU. nun luxoso complexo residencial preto da cidade de Abbottabad onde estaba agachado coa súa familia.
 
== Teorías alternativas ==
Segundo algunhas fontes, o termo Al-Quaeda procede de unha frase maior que significa "Base de datos", unha base de datos onde figuran tódolos nomes daqueles [[mujahidin]] que loitaron contra o intento de poñer Afganistán baixo a órbita comunista soviética.
Algúns movementos activistas, coma o Movemento Zeitgeist, non recoñecen a existencia física desta organización, senon que afirman que se trata dunha organización imaxinaria instaurada polo mesmo goberno dos Estados Unidos co obxectivo de xustificar intervencións bélicas en calquera lugar do planeta, como a chamada "Guerra contra o terrorismo", o que xera ganancias astronómicas para selectos grupos económicos dominantes (grandes bancos, fabricantes de armas, corporacións da industria do combustible, etc), e de manipular a opinión pública coa intención de logra-lo apoio democrático suficiente para sancionar leis antiterroristas, como a controvertida [[Patriot Act|Ley Patriótica]], as cales se caracterizan, entre outros aspectos, pola restrición de liberdades e garantías constitucionais, como a privacidade das persoas e as súas actividades, aplicables tanto para cidadáns estadounidenses como extranxeiros.
Do mesmo modo, estos movementos sosteñen que os atentados atribuidos a Al Qaeda foron en realidade operacións de falsa bandeira, respaldando esta teoría con antecedentes tales como a desestimación estadounidense á contundente evidencia que advertía sobre o Ataque de [[Pearl Harbour]], permitindo así o ataque e xustificando deste modo a intervención na Segunda Guerra Mundial, ou como a indiferencia ás advertencias do goberno alemán sobre o ataque a calquera navío que transitara as costas irlandesas, o cal tivo como consecuencia o afundimento do [[Lusitania]], trasatlántico que levaba entre outros a 234 pasajeros estadounidenses, e que foi afundido por un submarino alemán, provocando a intervención dos Estados Unidos na Primeira Guerra Mundial.
 
Existen varios documentais que cuestionan a participación de Al-Quaeda nos atentados do 11 de Setembro de 2001, como "ZERO" de Franco Fracassi e Francesco Trento<ref>http://www.youtube.com/watch?v=6xm5A9sTijA&feature=related</ref>, "Farenheit 911" de Michael Moore<ref>http://www.youtube.com/watch?v=q3El2t4ek94&feature=related</ref>, "11 de Septiembre engaño Global"<ref>http://www.youtube.com/watch?v=QFIswlImrr8&feature=related</ref>, "Autoatentado das Torres Xemelgas"<ref>http://www.youtube.com/watch?v=YXMgS4SGcNQ&feature=related</ref> e algun máis.
 
[[Categoría:Idade Contemporánea]]