Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
introduccion da sección de Arte
m Arranxiños
Liña 17:
}}
 
A '''Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais''' forma parte da [[Universidade de Santiago de Compostela]] (USC) e está situado na Avenida do Burgo das Nacións, no Campus Norte de [[Santiago de Compostela]].
 
O edificio foi inaugurado o 25 de Xullo de 1976 polas SSMM os Reis de España [[Xoán Carlos I de España]] e [[Sofía de Grecia]].
Liña 23:
== Historia<ref >[http://www.usc.es/econo/RGE/Vol17_2/castelan/1-conf.pdf "Testimonio de unos comienzos"] sacado dos Actos conmemorativos do 40 aniversario da Facultade, gardado na web da ''[[Universidade de Santiago]]''</ref> ==
 
A fundación da Facultade de Económicas e Empresas no seo da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]] foi no ano 1966 baixo o nome de '''''Facultade de Ciencias Políticas, Económicas y Comerciales'''''. Nun principio, a súa ubicación produciu controversia dado que se dubidaba entre situala na cidade de [[Santiago de Compostela]] ou na de [[A Coruña]]. Esta pugna veu dada pola feito de que [[Universidade de Madrid|Madrid]] e [[Universidade de Barcelona|Barcelona]] foron as primeiras cidades en albergar unha facultade de económicas de seu, a universidades de Valladolid e Granada, foron as seguintes, emprazando a facultade nas cidades de Bilbao e Málaga,respectivamente, o que podería xustificar situar a facultade en [[A Coruña]] a pesares de non posuír campus. Finalmente a situación foi en [[Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]] , e para elo contou co apoio financieiro de institucións e empresas tales como foi o caso de ''[[El Correo Gallego]]'', e máis tarde da ''Confederación de Caixas de Aforro de Galicia''.
 
A impartición das clases comezou no curso académico 1967-1968 na Facultade de Dereito de onde procedían a maioría dos profesores pioneiros da carreira. Tratábase dunha época que destaca polo auxe das cancións protesta, o [[Maio do 68|movemento revolucionario estudantil iniciado en Francia no 1968]] , a implicación do [[Partido Comunista]] nas esixencias dos sindicatos estudantís … Neste senso, a facultade , debido o seu carácter revolucionario, probablemente polo feito de estar ligada ás [[ciencias sociais]], foi cualificada como “roxa” xa que acentuou este aspecto dende os seus comezos.