Diferenzas entre revisións de «Patio»

m
homónimos
m (Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:))
m (homónimos)
'''Patio''' (do latín ''pactus'' a través do occitano ''pàtu)'' é unha zona aberta situada no interior dun [[edificio]].
 
Pode estar rodeado completamente polo resto de pezas do edificio, ou ben por tapias que o separen doutros patios veciños ou da rúa. En todo caso é unha zona sen [[teito]]. Pode ter algunha parte cuberta pero neste caso esa zona non terá separación algunha co resto do patio. Como moito algunha [[Columna (arquitectura)|columna]] ou [[arcada]] para soportar a estrutura do [[alpendre]] ou soportal.
 
En edificios altos de vivendas existen patios interiores para dar iluminación a todas as habitacións de cada piso. O fondo do patio adoita ser privado anexo á vivenda da planta baixa ou primeira, unha zona común accesible ou pechada, ou ben inaccesible por motivos de seguridade. Estes patios poden coincidir con outros análogos de edificios veciños e tamén quedar cun lado aberto á rúa para obter maior iluminación.
19.713

edicións