Diferenzas entre revisións de «Koré (escultura)»

m
homónimos
m (r2.7.1) (Bot: Engado: sh:Kora (statua))
m (homónimos)
A koré eculpíase en [[mármore]], representábase sempre de pé, vestida (cun [[peplos]] por exemplo) e podía ter os dous brazos ergueitos a partir do [[cóbado]], portando nunha ou en ambas as dúas mans un obxecto votivo. O [[rostro]], estereotipado, cuxo obxectivo non era ser o [[retrato]] dunha persoa real, estaba envolvido en [[cabelo]] dunha [[volumetría]] pouco natural, coma se fose unha [[perruca]]. A estatua pintábase, mais ao contrario que o kouros, que era pintado de cor [[marrón]], a [[pel]] feminina era coloreada de cor [[branca]].
 
Igual que os ''kouroi'', as ''korai'' experimentaron unha evolución formal ao longo do tempo, tornándose, en épocas posteriores, nunha figura de formas máis suaves e redondeadas, nas que o tecido da roupa axustábase con maior naturalidade ao corpo. A partir dese intre o corpo deixa de ter o aspecto de ser tallado a partir dun bloque de contornos agudos, para asemellarse máis a unha [[Columna (arquitectura)|columna]], onde as liñas eran máis fluídas. Mais, ao contrario có kouros, que presenta sempre a mesma tipoloxía (home espido de pé), a koré esculpíase de variadas formas, sobre todo no que concerne á indumentaria e ao peiteado, que reflicten a moda das diferentes localidades onde se esculpía.
 
Como na súa versión masculina, as ''korai'' empregábanse como ofrenda votiva aos deuses ou para ser pendurada sobre un [[túmulo]].
19.713

edicións