Cipriano Mera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: ru:Мера, Сиприано
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 4:
Albanel de profesión, comezou a traballar con once anos. Militou na [[CNT]], sendo secretario do sindicato da construción en Madrid en 1931. En decembro de 1933 uniuse a [[Durruti]] para establecer o Comité Revolucionario de [[Zaragoza]]. Como consecuencia, foi arrestado e levado a prisión en [[Burgos]].
 
No verán de 1936 a folga da construción paralizara a máis de cen mil homes. A primeiros de xullo é encarcerado xunto a outros dirixentes do Comité de Folga da construción. O paro proseguía o 18 de xullo, ó estalar a [[Guerra Civil]]. O 19 Mera é liberado e organiza unha columna anarquista, tomando [[Cuenca, España|Cuenca]], ata entón sublevada e en mans da [[Garda Civil]]. Máis tarde a columna de Mera transfórmase na XIV División do [[Exército Popular Republicano]], da que é nomeado comandante. Esta división interviu fundamentalmente na [[Batalla de Madrid|defensa de Madrid]] en novembro de 1936 e nas batallas de [[Guadalaxara, España|Guadalaxara]] (marzo de 1937) e [[Teruel]].
 
Apoia o golpe de Estado do coronel [[Segismundo Casado|Casado]] (marzo de 1939), sendo decisivo no seu triunfo. Aínda que o goberno de [[Juan Negrín|Negrín]] abandona España o 6 de marzo, a situación do recén formado Consello Nacional de Defensa é crítica durante os días 7, 8 e 9 ante a rebelión de parte dos tres corpos do exército (dominados polo [[PCE]]) que defenden Madrid. Mera vén desde Guadalaxara á fronte da XIV División para salvar ó Consello despois dunha serie de encarnizados combates.