Mosteiro de Santa María de Monfero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Igrexa (arquitectura)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 26:
A igrexa é a parte que mellor se conserva. A igrexa [[Arquitectura románica|románica]] probabelmente constaba de tres [[Nave (arquitectura)|nave]]s e tres [[ábsida]]s. Só se conserva dela o muro meridional, notabelmente alombado, cunha porta de acceso de [[arco apuntado]] no seu extremo occidental que hoxendía está tapiada.
 
Destaca a súa fachada barroca, única en [[Galicia]] polo axedrezado dos [[perpiaño]]s, alternando [[granito]] con [[xisto]], con catro enormes [[Columna (arquitectura)|columna]]s e dúas [[pilastra]]s rematadas con [[Capitel|capiteis]] corintios, que combina, seguindo a Bonet, unha estrutura clásica cun dinamismo barroco.
 
A planta é de [[cruz latina]] cunha gran [[cúpula]] no [[Cruceiro (arquitectura)|cruceiro]].