Arquitectura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: la:Architectura Graeca
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 3:
== Características ==
 
A [[Columna (arquitectura)|columna]] era o elemento protagonista da arquitectura grega, mesmo ata chegar a ser determinante das tipoloxías arquitectónicas, toda orde grega consta de dúas partes esenciais, unha sustentante, constituída pola columna, e outra sustentada, o entaboamento, entre as dúas partes gárdase unha estreita relación proporcional. A columna artéllase en tres elementos, a [[base (arquitectura)|base]], o [[fuste]] e o [[capitel]] e o [[entaboamento]] consta de [[arquitrabe]], [[friso]] e [[cornixa]].
 
A orde máis antiga é a [[orde dórica]], xorde xa na arquitectura prehelénica en madeira. A columna sen base descansa sobre o estilóbata, o fuste é estriado con éntase e o capital consta dun equino e un ábaco; o entaboamento fórmano unha arquitrabe lisa, un friso de [[tríglifo]]s e [[métopa]]s con relevos e unha cornixa.