Noradrenalina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-estructura +estrutura, -Estructura +Estrutura)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 179:
 
==== Depresión ====
{{AP|Depresión (psicoloxía)}}
Na [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] están implicadas diferenzas no sistema da noradrenalina. Os [[inhibidores da recaptación de serotonina e noradrenalina]] (IRSN ou SNRI) son [[antidepresivo]]s que tratan a depresión ao incrementaren a cantidade de [[serotonina]] e noradrenalina dispoñible para as células [[postsinápticas]] no [[cerebro]]. Existe algunha evidencia que implica que os [[IRSN]]s poderían tamén incrementar a transmisión de [[dopamina]]. <ref>http://stahlonline.cambridge.org/prescribers_drug.jsf?page=0521683505c95_p539-544.html.therapeutics&name=Venlafaxine&title=Therapeutics</ref> Isto débese a que os [[IRSN]]s funcionan inhibindo a recaptación, é dicir, impedindo que os transportadores de [[serotonina]] e noradrenalina capten os seus respectivos [[neurotransmisores]] de volta ás [[vesículas sinápticas|vesículas]] de almacenamento para o seu uso posterior. Se normalmente o transportador de noradrenalina tamén recicla un pouco de [[dopamina]], entón os [[IRSN]]s tamén mellorarán a transmisión dopaminérxica. Por iso, os efectos [[antidepresivo]]s asociados co incremento dos niveis de noradrenalina poderían ser parcialmente ou en gran parte debidos ao aumento simultáneo de [[dopamina]] (especialmente no [[córtex prefrontal]] do cerebro).
 
Os [[antidepresivo tricíclico|antidepresivos tricíclicos]] (TCAs) incrementan tamén a actividade da noradrenalina. A maioría deles tamén incrementan a actividade da [[serotonina]], pero tenden a producir efectos secundarios non desexados debido á inactivación non específica da [[histamina]], [[acetilcolina]] e os receptores [[receptor adrenérxico alfa-1|adrenérxicos alfa-1]]. Efectos secundarios comúns son sedación, boca seca, estrinximento, taquicardia, trastornos de memoria, hipotensión, visión borrosa e aumento de peso. <ref>http://www.preskorn.com/columns/9803.html</ref> Por esta razón foron en gran medida reemprazados por novos fármacos de recaptación selectiva, como os IRSS (ou SSRI, inhibidores selectivos de recaptación de serotonina), como a [[fluoxetina]] (''Prozac''), o cal ten pouco ou ningún efecto sobre a noradrenalina, e os novos [[IRSN]]s mencionados máis arriba, como [[venlafaxina]] (''Effexor'') e [[duloxetina]] (''Cymbalta'').