Diferenzas entre revisións de «Papiro Ebers»

m
homónimos
m (homónimos)
Contén un "tratado do [[corazón]]", no que destaca que o corazón é o centro do sistema sanguíneo, con vasos unidos a cada parte do corpo. Os exipcios describiron o corazón como o punto de reunión de numerosos vasos que transportaban os distintos fluídos como o sangre, as lágrimas, a urina e a esperma.
 
Tamén ten un capítulo sobre as desordes mentais, no que se recollen trastornos tales como a [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] e a [[demencia]].
 
Así mesmo contén capítulos de contracepción, diagnóstico do embarazo así como sobre trastornos xinecolóxicos, dermatolóxicos, oftalmolóxicos, odontolóxicos, enfermidades intestinais e parasitarias, uroloxía, e tamén sobre a observación médica de ambos os órganos sexuais. E de tratamentos cirúrxicos de abscesos e tumores, trastornos óseos e queimaduras. Á parte das receitas máxicas dos sacerdotes da deusa [[Sekhmet]], como o texto sobre o leite dunha nai recén parida para curar as queimaduras.
19.713

edicións