Trastorno bipolar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: simple:Bipolar disorder
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 12:
* A manía: Moitas veces, o primeiro síntoma da fase maníaca é a diminución da necesidade de [[durmir]]. O paciente érguese cedo coa [[cabeza]] chea de ideas e pletórico de [[enerxía]]. Durante o día realiza unha actividade inusual, gasta cartos, móstrase alegre, sociable e falador, podendo chegar a ser indiscreto e avasalador. Tamén se pode dar un aumento do impulso sexual. Estes síntomas poden acompañarse dunha crecente impaciencia e irritabilidade ata o punto de mostrar agresividade. En casos graves, a extraordinaria elevación do ton vital pode levar a que o paciente se crea dotado de poderes sobrenaturais, ou asediado por múltiples inimigos. A intensidade dos síntomas durante a fase maníaca pode levar á hospitalización, se ben en cuestión de semanas o paciente acostuma encontrarse en condicións de seguir un tratamento ambulatorio.
* A hipomanía: Pódese dicir que é unha manía suave, e durante a hipomanía nunca aparecen síntomas psicóticos. O resto de síntomas son similares ós da fase maníaca. A hipomanía pode ser un estado que resulte extraordinariamente agradable, o problema é que pode empeorar e evolucionar cara a outra fase.
* A [[Depresión (psicoloxía)|depresión]]: A fase depresiva do trastorno bipolar é similar ós demais tipos de depresión. A persoa encóntrase cansa, sen ilusión por nada, apática, desmotivada. Calquera acto sinxelo ou rutineiro costa un esforzo enorme, e a situación parece non ter saída. Altéranse o sono, o apetito, e a conduta sexual perde todo interese. Algúns pacientes poden sufrir ansiedade, ou ideas repetitivas de tipo negativo, con desexos de morrer. En casos graves poden darse ideas delirantes. Para a persoa deprimida nada pode cambiar o inferno que vive, sen comprender que cun tratamento oportuno pode recuperar a ilusión de vivir en poucas semanas.
* As fases mixtas: Consisten nunha mestura de síntomas de manía e depresión. Estas fases resultan difíciles de diagnosticar e comportan un grande sufrimento para o paciente e os que o rodean. É frecuente que nestas fases apareza hiperactividade e aceleración do pensamento á par de ideas negativas e pensamentos depresivos. A irritabilidade e a ansiedade tamén son comúns. O máis frecuente é que estas fases mixtas sexan unha transición entre unha fase maníaca e unha fase depresiva.
* As fases de remisión, eutimia: Afortunadamente, a persoa con trastorno bipolar non pasa toda a vida dunha fase a outra; existen períodos nos que o estado de ánimo se vai normalizando, e os síntomas da enfermidade desaparecen case por completo. Estas fases de remisión denomínanse fases de eutimia (eutimia significa: "estado de ánimo correcto"). Nesta fase non hai que confiarse e hai que estar atento e seguir coas recomendacións do psiquiatra e coa medicación preventiva.