Código xenético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: fa:رمز ژنتیکی
m →‎Usos incorrectos do termo: ácido desoxirribonucleico
Liña 56:
 
== Usos incorrectos do termo ==
A expresión "código xenético" é frecuentemente utilizada nos medios de comunicación como sinónimo de [[xenoma]], [[xenotipo]], información xenética ou de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]]. Frases como «Analizouse o código xenético dos restos e coincidiu co da desaparecida», ou «crearase unha base de datos co código xenético de todos os cidadáns» son cientificamente incorrectas tendo en conta o significado de código xenético. Non é correcto falar do «código xenético dunha determinada persoa», porque o código xenético é o mesmo para todos os individuos (e especies!). Porén, cada organismo ten un [[xenotipo]] propio, aínda que é posible que o comparta con outros (caso dos xemelgos univitelinos ou individuos orixinados por reprodución asexual). As distintas especies conteñen diferente información xenética, pero "escribiron" esa información usando o mesmo código xenético. Por tanto, un home, unha ra e un piñeiro terán o mesmo código xenético pero distinta información xenética nos seus xenomas.
 
== Táboa do código xenético estándar ==