Domingos de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Fundación: arranxiño
m →‎Viaxe a Europa: Tolosa - Toulouse
Liña 20:
O rei [[Afonso VIII]] encargou ao bispo de Osma [[Diego de Acebes]] desprazarse a [[Dinamarca]] para concertar o matrimonio do seu fillo [[Fernando]] cunha dama daquel país. O bispo fíxose acompañar de Domingos. Nese periplo comprobaron como especialmente [[Occitania]] pero tamén [[Francia]], [[Renania]], [[Flandres]] e [[Lombardía]] estaban influídas por doutrinas que se afastaban do cristianismo católico e que estaban favorecidas por condes e outros señores e poderes civís. Particularmente espallados estaban os [[cátaros]] e a doutrina [[albixense]]. Esta sostiña que o Deus creador non era o Deus Bo senón un malévolo demiúrgo de onde saen a corrupción e a morte. Sendo o corpo e a materia algo malo e perverso, [[Xesús de Nazareth]] non se tiña [[encarnación|encarnado]], nin tiña morto realmente na [[cruz]], e sendo os [[sacramento]]s referentes a obxectos materiais, estes eran falsos e perniciosos agás a confesión. Vivían nunha rigorosa austeridade, rexeitaban a sexualidade e toleraban o matrimonio para aqueles que non tivesen aínda a condición de ''perfectos''.
 
Na súa primeira estadía en [[Tolosa - Toulouse|Tolosa]], Domingos puido coñecer como o seu hospedeiro, profesando o que el consideraba herexías, facía gala dun importante bagaxe de argumentacións e coñecementos contra a fe católica. Toda a noite estivo parolando con el ata que o converteu, pero ficou impresionado da formación dos herexes máis comúns e da súa coherencia de vida. En chegando a Dinamarca, comprobou que no norte de Europa non só non había herexes senón paganos que aínda non coñecían o cristianismo. Caso dos [[cumanos]], un pobo con sona de fero procedente do Leste.
 
Nunha viaxe de volta, Domingos determinou quedarse en Occitania onde predicadores albixenses eran secundados pola poboación mentres os monxes católicos, máis centrados na vida ascética e monacal, non se mesturaban co pobo coa intimidade e proximidade dos divulgadores cátaros. Por outra banda, o catolicismo aparecía anquilosado nas estruturas xerárquicas que impedían a predicación espontánea do catolicismo.