Domingos de Guzmán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
m →‎Predicador: Oración (relixión)
Liña 29:
[[Ficheiro:Shrine of Saint Dominic,.JPG|esquerda|thumb|200px|Tumba de Domingos de Guzmán, en [[Boloña]].]]
 
Tal foi o impacto que, cando Domingos se estableceu nunha aldea chamada Prulla ([[Prouille]]), xa era predicador e delegado pontificio expedindo certificados de predicación e velando pola pobreza e autenticidade vital dos predicadores. Porén, pasado o primeiro entusiasmo, abades e monxes que participaran nesta misión abandonaron, deixando a Domingos practicamente só no seu lugar de Prulla. O Bispo de Osma, que tivera que partir, finou ao pouco tempo. Con todo, un grupo de mulleres convertidas da herexía para o catolicismo formaron alí unha comunidade á que Domingos deu unha serie de normas de vida e á que lle encomendou o que para el era a misión principal: a [[Oración (relixión)|oración]] que dera éxito a unha empresa que semellaba esmorecer. Este sería o primeiro convento de [[dominicas]].
 
Todo pareceu virse abaixo cando foi asasinado o legado pontifico superior e director das misións [[Pedro de Castelnau]]. Foi acusado do crime o conde de Tolosa. O Papa promoveu entón unha cruzada dirixida a sangue e lume polo cruel [[Simón de Montfort]]. Iniciábase a [[cruzada albixense]] que dexenerou nun auténtico [[xenocidio]] do pobo occitano. Nese clima de morte e destrución que se prolongou por lustros, en 1212 a Domingos se lle ofertou o bispado de [[Cominges]] pero el rexeitouno con sinxeleza.