Logógrafo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: sk:Logograf (dejepisec)
m →‎Os logógrafos xurídicos: Oración (relixión)
Liña 32:
== Os logógrafos xurídicos ==
 
Na [[Atenas]] da antigüidade, a práctica xurídica requiría do litigante defender o seu caso diante do tribunal con dous [[discurso]]s sucesivos. Non existían [[avogado]]s, e a lei só permitía a un amigo ou parente axudar a cada parte no litixio. Se un litigante non confiaba en si mesmo para facer o seu propio discurso, para defender o seu caso podía buscar os servizos dun personaxe ao que se chamaba logógrafo, ou sexa, escritor en prosa, ao igual que aos historiadores. Tamén, como os primitivos historiadores, recibían o nome de ''logopoios'' (λογοποιός, de ποιέω, ''poieo'', 'facer'). O logógrafo escribía un discurso que o litigante debía aprender de memoria e recitar diante do tribunal. [[Antifonte de Atenas]] ([[-480 a. C.|480 a. C.]]–[[-410 a. C.|410 a. C.]]) foi un dos primeiros en practicar esta profesión. Defender ás vítimas de persecucións políticas contribuíu a lanzar a posterior carreira política de moitos logógrafos.
 
A [[oratoria]] grega estaba animada por unha vida pública de excepcional vitalidade. Ademais dos discursos dos logógrafos, contou cos dos [[demagogo]]s (aplicados estas aos discursos políticos tendentes a obter o favor das asembleas e moi criticados polos [[filósofo]]s, por non buscaren a verdade, o que fixo crear a estas outra clase de oratoria), as [[oraciónOración (relixión)|oracións fúnebres]] (como o famoso [[Discurso fúnebre de Pericles]] recollido por [[Tucídides]]) e as [[arenga]]s militares.
 
=== Logógrafos xurídicos famosos ===