Georges Florovski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Pensamento: Igrexa Católica Romana
m →‎Pensamento: Oración (relixión)
Liña 4:
 
==Pensamento==
Especialista nos [[Pais da Igrexa]], considerou que había que volver a unha teoloxía baseadada na experiencia espiritoal e na celebración comunitaria da [[liturxia]]. Aquí é onde radica a superioridade da [[Igrexa Ortodoxa]] fronte ao autoritarismo e a especulación racionalista e xurídica da [[ Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]. A doutrina ortodoxa non se ensina nas aulas senón que é unha vivencia que se proclama no templo. A [[Oración (relixión)|oración]] non é un conxunto de peticións senón un camiño que nos introduce no espazo do divino que transforma o interior e nos abre ao exterior rachando a individualidade illada.
 
Rexeita a visión xurídica da redención como expiación, propia do catolicismo. Ve en [[Xesús de Nazareth]] ao ilimitado no limitado, a natureza divina asumindo a humana co fin de sanar o feble e completar o deficiente: ''en Cristo non só se revelou o sentido da existencia humana, senón que se realizou''. Para Florovsky, a [[marioloxía]] non é senón un aspecto da [[cristoloxía]], baseado na condición de ''theotocos'' (nai de Deus). Así mesmo, nos santos non se desliza unha idolatría senón a veneración á deificación da natureza humana, o amor de Deus cara eles e neles. A deificación non é un fenómeno ontolóxico senón unha comunión persoal con Deus que inunda coa súa presenza a existencia humana.