Gramática transformacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎"Linguaxe-I" e "Linguaxe-E": Competencia (lingüística)
Liña 3:
==Estrutura Profunda e Estrutura Superficial==
{{Lingüística}}
Durante os anos cincuenta e sesenta do [[século XX]], [[Noam Chomsky]] desenvolveu o concepto de que cada [[Oración (gramática)|oración]] ten dous niveis distintos de representación: unha [[Estrutura Profunda]] e unha [[Estrutura Superficial]]. A estrutura profunda era unha representación directa da información [[semántica]] da [[Oración (gramática)|oración]], e estaba asociada coa estrutura superficial (a cal tende a reproducir a forma fonolóxica da oración) mediante ''transformacións''. Hai un malentendido amplamente estendido segundo o cal a estrutura profunda supoñíase idéntica en todas as linguas naturais (para crear a [[Gramática Universal]]), con todo, non foi iso o que Chomsky suxeriu exactamente. Chomsky pensou que debería haber considerables similitudes entre a estrutura profunda de distintas linguas, e que esas estruturas revelarían propiedades comúns a todas as linguas que estaban escondidas baixo a estrutura superficial. É discutible que a motivación para introducir as transformacións era simplemente facer [[gramáticasgramática]]s máis (matematicamente) poderosas, en lugar de explicar a orixe das variacións [[sintaxe|sintácticas]] entre as linguas. Aínda que, para Chomsky, a capacidade dunha teoría gramatical á hora de xeneralizarse na súa análise de distintas [[lingua]]s é fundamental, algunhas obras clave ao comezo da Gramática transformacional (por exemplo, a obra de Chomsky ''Aspects of the Theory of Syntax'' 1965) fan fincapé no papel que xogan as transformacións para obter o nivel necesario de poder matemático no compoñente sintáctico dunha [[gramática]], que, na súa opinión, as gramáticas [[estruturalismo|estruturalistas]], populares naquel momento, non ofrecían. Chomsky tamén salienta a importancia dos dispositivos aportados pola moderna [[matemática]] formal para o desenvolvemento dunha teoría gramatical.
 
==Conceptos básicos==