Gramática transformacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Teorías gramaticais: Competencia (lingüística)
m →‎"Linguaxe-I" e "Linguaxe-E": Competencia (lingüística)
Liña 22:
 
=="Linguaxe-I" e "Linguaxe-E"==
Nos [[Anos 1980|anos 1980]], Chomsky propuxo distinguir entre ''I-Language'' e ''E-Language''. Distinción similar, pero non idéntica á de competencia e uso da lingua. A Linguaxe-I en referencia á linguaxe interna, é o obxecto de estudo da teoría sintáctica, é a representación mental do coñecemento lingüístico que ten un falante nativo dunha lingua, e é, polo tanto, un aspecto mental. Desde esta perspectiva, case toda a lingüística sería unha rama da [[Psicoloxía]]. Linguaxe-E refírese a moitas outras nocións do que é a linguaxe, por exemplo: linguaxe como un ente de coñecemento ou de hábitos de conduta compartidos por unha comunidade. Chomsky expón que tales nocións do que é a linguaxe non son útiles para o estudo do coñecemento innato da linguaxe, tales como a [[Competencia (lingüística)|competencia]]. Ata aínda podendo ser sensatos, intuitivos e útiles noutras áreas de estudo. A competencia tan só se pode estudar se se trata a lingua como obxecto mental.
 
==Gramaticalidade==