Sitio activo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''sitio activo''', '''centro activo''' ou '''centro activocatalítico''' dun [[encima]] é a parte do encima onde entra o [[substrato encimático|substrato]] e ten lugar a reacción química que o transforma en produto. <ref>IUPAC. Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book"). Compiled by A. D. McNaught and A. Wilkinson. Blackwell Scientific Publications, Oxford (1997). XML on-line corrected version: http://goldbook.iupac.org (2006-) created by M. Nic, J. Jirat, B. Kosata; updates compiled by A. Jenkins. ISBN 0-9678550-9-8. doi:10.1351/goldbook.</ref> O centro activo dun encima adoita encontrarse nunha fenda ou bolsa formada na superficie do encima, que está revestida por determinados aminoácidos que participan no recoñecemento e colocación adecuada do substrato e interaccionan con el para facilitar a reacción catalizada polo encima (estes aminoácidos reactivos denomínanse aminoácidos catalíticos). Outros catalizadores con actividade encimática non son proteínas senón [[ribocima]]s de [[ARN]], nos cales o sitio activo está formado por [[nucleótido]]s. A especificidade dun encima por un determinado substrato depende fundamentalmente da forma e tipo de aminoácidos do seu centro activo.<ref>A. Lehninger. rincipios de Bioquímica. Omega. 1988. Páxina 221. ISBN 84-282-0738-0. </ref>
 
No centro activo é onde se sitúan os [[cofactor]]es e [[grupo prostético|grupos prostéticos]] cando estes interveñen na reacción. Algúns [[inhibidor encimático|inhibidores encimáticos]] (pero non todos) tamén interaccionan co centro activo.