Cofactor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 34:
A propia distinción entre cofactor orgánico e inorgánico non sempre é clara, xa que algúns cofactores teñen partes orgánicas e inorgánicas, como os grupos hemo, nos que a parte porfirínica é orgánica, e o ión ferro central é inorgánico.
 
Os moduladores alostéricos, que poden ser orgánicos ou inorgánicos, únense tamén aos encimas activándoos ou inhibíndoos, pero non son cofactores, xa que non se unen ao [[centro activo]] do encima, senón noutra zona, e non interveñen na catálise da reacción encimática.
 
Por último, algúns usan en certas áreas da bioloxía o termo "cofactores non encimáticos" para referirse a moléculas non proteicas (e ás veces mesmo proteicas) que activan, inhiben, ou que son requiridas para a función proteica. Por exemplo, [[ligando]]s como [[hormona]]s que se unen e activan un receptor poden ser denominados cofactores ou coactivadores, e os que as inhiben, correpresores.