Ilíada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: yi:איליאדע
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 86:
O que segue son algúns dos antecedentes e desenvolvementos histórico-mitolóxicos da [[Guerra de Troia]], coñecido por autores posteriores. Tanto Zeus como [[Poseidón]] desexaban a ninfa [[Tetis]] como esposa (cfr. Ístmica VIII de Píndaro) pero a profecía feita por [[Prometeo]] ou [[Themis]] aseguraba que o fillo de Tetis sería máis forte có seu pai. Debido a isto, Tetis foi entregada a un mortal: [[Peleo]], da casta dos Eácidas, que, por non ter nada que perder, puido enfrontarse ó perigo de casar con Tetis. O froito deste obrigado matrimonio foi Aquiles, o mellor dos heroes. Segundo algunhas versións posteriores á Ilíada, Tetis, para protexelo, cando era neno, mergullouno no [[río Styx]], converténdoo en invencible excepto polo calcañar (o lendario [[calcañar de Aquiles]]) co que o agarrou. Aquiles medrou deste xeito para chegar a ser o máis grande dos guerreiros mortais.
 
A muller máis fermosa do mundo era [[Helena]], filla de [[Leda]] ou Némesis e máis Zeus. Todo o mundo procuraba a súa man. O seu pai, dubidando de a quen escoller por temor a facer inimigos entre os que non fosen elixidos, resolveu o problema facéndolles xurar a todos os pretendentes que protexerían a Helena e o seu futuro marido. Entre eles estaban [[Agamenón]], [[Aiax]] o Grande, [[Diomedes]], [[Odiseo]], [[Néstor]], [[Idomeneo]] e [[Filóctetes]]. Helena casou con [[Menelao]] de [[Esparta]] e a súa irmá [[Clitemnestra]] co irmán de Menelao, Agamenón de [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Nunha misión diplomática a Esparta, [[Paris]] namórase de [[Helena]], que fora a súa vez prometida a Paris por Afrodita [sc. xuízo de Paris] e é raptada e levada a Troia por aquel. Furioso porque ou ben [[Helena]] o abandonara ou fora raptada, Menelao fai que todos os que fixeran o xuramento unan as súas forzas e se dirixan a Troia para rescatar a princesa e castigar os raptores. Desembarcados en Troia, asedian a cidade durante dez anos.
 
== Véxase tamén ==