Diferenzas entre revisións de «Baía de Hudson»

m
homónimos
m (r2.6.4) (Bot: Modifico: ckb:ئاودڕی ھەدسن)
m (homónimos)
A baía de Hudson ten preto de 1.000 km de anchura e 700 km de norte a sur e a súa conca é pouco profunda: a súa profundidade media é de 125 m e é inferior a 80 m ata 100 km da costa. O fondo é xeralmente pouco accidentado soamente con algunhas depresións e bancos pouco profundos. A razón é que foi formada durante a última [[glaciación]] polo "cepillado" do [[Escudo Canadense]] durante o [[Pre-Cambriano]] polos [[glaciares]].
 
Se observamos o mapa da baía, podemos comprobar que a parte sueste da baía de Hudson ten a forma dun semicírculo. Aínda que ningunha proba apóiao, unha hipótese avanzada é que esta forma sería o [[Cráter de impacto|cráter]] dun dos maiores impactos dun [[meteorito]] do mundo, cun diámetro duns 300 km<ref>Artigo de Terence Dickinson pubricado no ''Canadian Geographic'', numéro de maio-xuño de 1995</ref>.
 
O fluxo das augas das Illas Árticas ao norte da baía e das augas que proveñen de numerosos ríos como o Churchill e o Nelson, manteñen na baía un nivel máis elevado de auga doce que o nivel medio dos mares. As súas augas vértense cara ao océano Atlántico polo angosto Estreito de Hudson. Por mor deste estreitamento, e o tamaño excepcional da baía, a masa de auga pode dar moitas veces a volta antes de saír.
19.713

edicións