Abrir o menú principal

Cambios

m
homónimos
== A chegada dos europeos ==
 
Os caribes foron desprazados polos españois, e finalmente foron case exterminados durante o período colonial. Con todo foron capaces de conservar algunhas illas, como [[Illa de San Vicente|San Vicente]], [[Dominica]], [[Santa Lucía - Saint Lucia|Santa Lucía]] e [[Illa Trindade|Trinidade]]. Os caribes negros (Garifuna) de San Vicente que se mesturaron con escravos negros dun naufraxio foron deportados en 1795 á [[Illa Roatan]], en Honduras, onde os seus descendentes, os [[Garifuna (etnia)|Garífuna]], aínda viven hoxe. Os Británicos viron menos hostís aos caribes de San Vincente, e permitíronlles permanecer nesta illa. A resistencia caribe atrasou o establecemento de europeos en Dominica, e as comunidades Caribe que permaneceron en San Vicente e Dominica, conservaron un grao de autonomía no [[século XIX]]. O número de Caribes en Dominica hoxe é aproximadamente 3,000, aínda que xa non queda ningún indíxena que coñeza a súa lingua (a lingua foi dada por morta no ano de [[1920]]).
 
Varias palabras de orixe caribe engrosaron as linguas que se falan nas Antillas: español, inglés ou francés (en menor grao), por exemplo: ''furacán'', ''hamaca'' e ''iguana'', entre outras.
19.686

edicións