Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa
Liña 1:
'''Euskal Herrialdeetako Alderdi Komunista''' (''EHAK''), (''Partido Comunista das Terras Vascas'' en galego) é un partido político [[PaísComunidade VascoAutónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|vasco]] ilegalizado o [[18 de setembro]] de [[2008]] polo [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]], cuxo único ámbito de actuación é [[Euskadi]], de ideoloxía [[marxista-leninista]], [[nacionalismo vasco|nacionalista vasca]] e [[independencia|independentista]]. Defenden a [[ditadura do proletariado]] nos seus estatutos e nos seus primeiros mitins electorais proliferaban as bandeiras da [[Unión Soviética]]. Obtivo representación parlamentaria nas eleccións ao [[Parlamento Vasco]] do [[17 de abril]] de [[2005]], prometendo asumir os principios da lista ilegalizada [[Aukera Guztiak]] a pesar das duras críticas do [[Partido Popular|PP]] e outros sectores que a relacionaba co grupo armado [[Euskadi Ta Askatasuna]] (ETA) pola mesma razón.
 
EHAK foi inscrita como partido no rexistro do [[Ministerio do Interior]] sendo o seu titular [[Ángel Acebes]] a mediados de [[setembro de 2002]], un mes despois da suspensión de actividades de [[Batasuna]], da clausura das súas sedes e da entrada en vigor da actual [[Lei de Partidos]]. EHAK foi unha das correntes que converxeron no proceso "[[Batasuna]]" entre 2001 e 2002, que se desmembrou antes das votacións para a constitución de Batasuna como partido político, dado que antes era unha coalición electoral. EHAK, como [[Aralar]], decidiu constituírse como forza política independente. Do conxunto de agrupacións políticas que debateron os relatorios do proceso ''batasuna'', EHAK era o máis radical nos seus postulados [[marxista]]s-[[leninista]]s e o menos ''abertzale''.