Aecio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]] que está en proceso de derrube. Protexe [[Italia]] e detén a expansión dos [[bárbaro]]s: frea aos [[visigodos]] na [[Galia]] e reduce aos [[burgundios]] en [[Savoia]]. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento [[vándalo]] no norte de [[África]].
 
Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os [[hunos]]. Sentíndose insultado o seu caudillo [[Atila]] polo emperador [[Valentiniano III]] ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá [[Honoria]], lánzase a destruír [[Roma]]. Para isto convoca unha gran confederación de tribos [[escitas]], [[sármatas]], [[xépidos|xépidas]], [[ostrogodos|ostrogoda]]s, [[alanos|alana]]s, que se unen aos [[hunos]] na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a [[francos]], [[vándalos]], [[visigodos]] ye as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos [[Batalla dos Campos Cataláunicos|Campos Cataláunicos]] no ano [[451]]: é a última gran [[batalla]] do Imperio de Occidente.
 
Para a súa desgraza, esta gran victoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no [[454]]. Posteriormente a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.