Esmerdis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Medos
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 1:
'''Esmerdis''' (en [[lingua persa|persa]] بردیا ''Bardiyā'', tamén chamado ''Bardia'' ou ''Bardija'') é o nome [[lingua grega|grego]] dun dos antigos reis de [[Persia]] da dinastía [[aqueménida]] (morto en [[-521]]). O seu nome grego impúxose ao tradicional persa, debido en parte ás formas adaptadas ao grego polos autores clásicos desta cultura. [[Ctesias de Cnido|Ctesias]] chámao ''Tonyoxarces'' (''Pers.'' 8); para [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]], quen recolle o seu nome de Ctesias, é ''Tanooxares'' (''Cyrop. VI.'' 7); [[Marco Xuniano Xustino|Xustino]] chámao ''Mergis'' (i. 9); e [[Esquilo]], ''Mardos'' (''Pers.'' 774). O nome '''''Esmerdis''''' ou '''''Smerdis''''' aparece así escrito nos [[poema]]s de [[Anacreonte]] e [[Alceo de Mitilene|Alceo]].
 
Esmerdis era o fillo menor de [[Ciro II]] o Grande, e irmán de [[Cambises II]]. De acordo con Ctesias, no seu leito de morte Ciro designouno como gobernador das provincias orientais do imperio persa (cf. [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]], ''Cyrop. VI.'' 7). De acordo con [[Heródoto]] e co propio [[Darío I]], sucesor de Esmerdis (tal como Darío mandou gravar na [[inscrición de Behistún]]), [[Cambises II]], antes de partir en campaña contra [[Exipto]], ordenou matar secretamente ao seu irmán Esmerdis, temendo que puidese intentar unha rebelión durante a súa ausencia. A súa morte non foi coñecida polo pobo, polo que na [[primavera]] do ano [[-522]] un usurpador, pretendendo ser Esmerdis, se proclamou rei de Persia nas montañas próximas á cidade de Pishiyauvda.
 
Debido ao goberno despótico de Cambises e á súa longa estancia en Exipto, o pobo enteiro (persas, medos e o resto de nacións do imperio) recoñeceu ao usurpador, especialmente cando este autorizou a baixada dos impostos durante tres anos ([[Heródoto]], iii. 68).