Calisto III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
Conselleiro do papa [[Nicolao V, papa|Nicolao V]], trala súa morte en [[1455]] foi elixido pontífice, adoptando o nome de Calisto III. A súa elección estivo influenciada polo rei Afonso V.
 
Tras ocupar o seu posto, chamou aos seus dous sobriños, dándolles categoría de príncipes e nomeando notario apostólico a Rodrigo e otorgandooutorgando o goberno de [[Bologna]] a Luis Juan. Ao ano seguinte nomeounos cardeais.
 
A súa atención como pontífice centrouse na reconquista de [[Constantinopla]] que caera en mans do [[Imperio Otomán]] en [[1453]]. Intentou organizar unha [[cruzada]] enviando delegacións a [[Inglaterra]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Hungría]], [[Portugal]] e [[Reino de Aragón|Aragón]]. Aínda que nun principio recibiu o apoio de húngaros, portugueses e xenoveses, só a flota húngara partiu cara a [[Belgrado]], que se encontraba sitiada polo exército do [[sultán]] turco, [[Mahomet II]]. A victoriavitoria conseguida o [[14 de xullo]] de [[1456]] non evitou que a cruzada fose un fracaso.
 
Tamén en 1456 estableceu unha comisión que anulou o xuízo que, en [[1431]], condenara a [[Xoana de Arco]], declarándoa inocente dos cargos de [[bruxería]] polos que fora queimada na fogueira. Ese mesmo ano promulgou a [[bula]] ''Inter Caetera'', pola que garantía ao reino de Portugal a exclusividade da navegación ao longo da costa africana. Un ano antes, en 1455, canonizou a San Vicente Ferrer.
Liña 28:
En [[1458]], xa cara ao final do seu pontificado, enemizouse coa coroa de Aragón, pois trala morte do que fora o seu grande aliado, Afonso V, negouse a recoñecer ao seu fillo, [[Fernando I de Nápoles|Ferrante I]], como rei de Nápoles ao considerar que dito reino pertencía á Igrexa.
 
Segundo unha versión coñecida por vez primeira nunha biografía póstuma, embelecida e popularizada no século XVIII polo matemático francés [[Pierre-Simon Laplace]], Calisto III [[excomunión|excomulgou]] ao [[cometa Halley]] en [[1456]], con ocasión da súa aparición sobre Europa, debido á tradicional crenza nos [[cometa]]s como símbolo de mal agoiro, en particular naquela época contra os defensores cristiáns da cidade de [[Belgrado]], sitiada polos otománs. Con todo, esta versión carece de sustento histórico firme. A bula de Calisto III do 29 de xuño de [[1456]], onde solicita as oracións dos fieis para o triúnfotriunfo da cruzada, nin sequera menciona o cometa. O 6 de agosto de [[1456]], cando o sitio da cidade foi roto polos defensores, facía varias semanas que o cometa deixara de ser visible.
 
== Véxase tamén ==