Mergullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m r2.5.4) (Bot: Engado: uk:Дайвінг
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 227:
A medida que un mergullador descende, o volume de aire diminúe debido á presión. Os compartimentos en "caixa" deben ser suficientemente elásticos para permitir a comprensión do volume ou deben ser compensados activamente polo mergullador. Os seos nasais, paranasais e frontais, así como as canles auditivas ([[trompa de Eustaquio|trompas de Eustaquio]]) deben compensarse mediante a [[manobra de Valsalva]] ou cun breve exercicio de expiración forzada pechando nariz e boca. A caixa torácica (aloxando os pulmóns) limita na parte inferior co diafragma e a masa abdominal; en apnea o volume perdido polo aire contido nos pulmóns é equilibrado pola dilatación dos vasos sanguíneos nos alvéolos e o desprazamento para arriba da masa abdominal (e o diafragma). O mergullador SCUBA, ao ter unha fonte de aire autónoma e equilibrada á presión ambiente substitúe o volume pulmonar cunha maior achega de aire a medida que respira no descenso; pero debe ter especial coidado durante o ascenso.
 
Os accidentes ligados a este efecto son barotraumatismos mecánicos. Os principais son as hemorraxias nos seos faciais, a rotura de tímpano. Menos frecuentes e máis graves, os barotraumatismos pulmonares: por sobrepresión (en SCUBA) os pulmóns chegan ao límite de dilatación e os alvéolos se rompen xerando un neumotórax (o aire escapa á cavidade toraxicatorácica), un enfisema mediastenomediastino (o aire escapa á cavidade do corazón e pode chegar seguindo a parede da [[traquea]] ao pescozo) ou unha embolia (cando o aire escapa polas veas e arterias); e por subpresión (en apnea) os pulmóns chegan ao seu límite de comprensión e continúase o descenso, a presión interna será menor que a [[presión sanguínea]], os vasos alveolares se rompen e inundan os pulmóns de sangue, xerarase un edema pulmonar agudo.
 
===== Factores de disolución e difusión =====