Solidaridad Obrera (Barcelona): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Mudando "File" e "Image" por "Ficheiro"
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 18:
En 1919 trasládase a redacción a [[Valencia - València|Valencia]] ó non poder editarse en Barcelona. A dirección, esta vez colexiada, recae en Alaiz, Carbó, Gallego Crespo e Viadiu. O equipo de redacción formábano Abella, Quílez, Calleja, Amador, [[Salvador Seguí]] e Caracena.
 
En 1923 volve a Barcelona, pero ó ano seguinte é prohibido pola [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]]. O 31 de agosto de 1930 vólvese editar, desta volta como voceiro da CNT en España<ref>Antonio Checa ''Prensa y partidos políticos durante la II República''. Universidad de Salamanca, 1989, páxina 60</ref>, coa axuda económica de libertarios de Manresa e con maquinaria propia. Faise cargo da dirección [[Joan Peiró]] e é administrado por Masoni, con Foix, Carbó, Magre e Clará na redacción. Nese tempo chégase a unha tiraxe media de 26000 exemplares. En setembro de 1931 decídese a nova dirección despois dun enfrontamento entre trintistas e [[FAI|faístas]], e recae en Alaiz que axiña cedería o posto a Corbella. Desde setembro de 1931 a novembro de 1932 pasaron pola dirección de Solidaridad Obrera sete persoas.
 
Na república o periódico sufriu grandes avatares. Logo do enfrontamento entre faístas e trintistas sufriu a persecución das autoridades, que chegaron a suspendelo durante 104 días, e se realizaron moitas "recollidas de edición". Chegouse a substituír a cabeceira pola de ''solidaridad''. Polo seu status de portavoz da CNT española, reflexáronse nas súas páxinas tódolos actos relevantes que se deron nese periodo, e foron escenario onde se disputaron moitas batallas ideolóxicas.