Diferenzas entre revisións de «Castromao, A Veiga»

m
 
[[Ficheiro:Igrexia Asunción de María.jpg|thumb|200px|Igrexa da Virxe da Asunción.]]
A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu [[retablo]] é de finais do [[século XVI]] (renacentista), con grandes [[Columna (arquitectura)|columna]]s e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro [[Evanxelista]]s, representados cos catro símbolos:
 
* [[San Mateu]]: Simbolízase cun [[Anxo (cristianismo)|anxo]] (ou home con ás), porque o seu evanxeo comeza coa lista dos antepasados de [[Xesús]].
* [[San Marcos]]: Simbolízase cun [[león]], porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto onde había animais salvaxes.
* [[San Lucas]]: Simbolízase cun [[Vaca|boi]] ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de [[Zacarías]] no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas.
* [[San Xoán]]: Simbolízase cunha [[aguia]] e a mirada dirixida ao [[sol]] porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.
 
19.713

edicións