Clodoveo I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: war:Clovis I
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 29:
Unha idea que habería que rexeitar é que a través del non foi un pobo xermánico o que se impuxo aos galo-romanos, senón a fusión dos elementos latinos e xermanos que continuaron. Na época de Clodoveo, mentres que Siagrio era cualificado como romano polas fontes, este levaba un nome bárbaro e non contaba co apoio do seu pobo. Doutra banda, o rei dos bárbaros, o ostrogodo [[Teodorico o Grande]], perpetuou os carácteres da civilización romana tardía, aínda que sempre sendo [[ostrogodo]], considerado como bárbaro e herexe aos ollos da Igrexa.
 
Se Clodoveo soubo impoñerse rapidamente, é de certa forma grazas á impresión que daba, pois aparecía como o mellor amo entre todos os pretendentes, e polo menos os galo-romanos contentaríase de que fose cristián. É así como Clodoveo conquista a metade norte de Francia moderna, primeiro aliouse cos francos renanos en [[484]], logo levou a cabo ofensivas cara ao sur a partir de [[486]]. Comezou co revés e derrota de Siagrio, o último representante do Imperio destronado. O reino de Siagrio cubría aproximadamente a área entre o [[río Sena]] e o [[Río Loira (Francia)|río Loira]] (Loire), nas que se atopaban as cidades de [[Senlis]], [[Beauvais]], [[Soissons]] e [[París]].
 
== Conversión e bautizo ==
Liña 48:
Co apoio do emperador romano de Oriente [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]], Clodoveo decide atacar aos visigodos que dominaban a maior parte da Península Ibérica e o suroeste de Galia, Loire (Loira) ao norte e ata Cévennes ao leste.
 
Na primavera de [[507]], os francos lanzaron a súa ofensiva cara ao sur, traspasando o [[Río Loira (Francia)|río Loira]] cara a Tours. Afrontaron ao exército do rei [[Alarico II]] nunha planicie de Poitiers. Clodoveo gaña finalmente a guerra contra os visigodos logo de asasinar el mesmo ao rei do bando oposto.
 
== París, a nova capital ==