Khilperico II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: hr:Kilperik II.
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 10:
Neste punto, os acontecementos volvéronse contra Khilperico. Cando el e máis Ragamfredo guiaban os seus soldados triunfantes de volta a Neustria, Carlos caeu sobre eles preto de [[Malmedy]] e, na Batalla de [[Amel|Amblève]], Carlos derrotounos e eles fuxiron. Despois, Carlos Martel permaneceu virtualmente invicto e a forte vontade de Khilperico foi sometida nunha serie de campañas libradas no territorio de Neustria.
 
En [[717]], Carlos volveu a Neustria cun exército e confirmou a súa supremacía coa vitoria de [[Vincy]], preto de [[Cambrai]]. Perseguiu ao rei e ao mordomo ata [[París]] antes de volver e ocuparse de Plectrude e Colonia. Tras este éxito, proclamou un tal [[Clotario IV]] rei de Austrasia en oposición a Khilperico. En 718, Khilperico, en resposta, aliouse con [[Odón o Grande]], o [[duque de Aquitania]] que se volvera independente durante as contendas de [[715]], pero foi vencido novamente por Carlos, en [[Soissons]]. O rei fuxiu co seu aliado o duque ao país ao sur do [[Río Loira| (Francia)|Loira]] e Ragamfredo fuxiu a [[Angers]]. Pronto morreu [[Clotario IV]] e Odón deuse por vencido na cuestión de Khilperico e, a cambio de recoñecer a súa soberanía sobre todos os [[francos]], o rei rendeu o seu reino á mordomía de Carlos sobre todos os reinos ([[718]]).
 
En [[719]], foi subido oficialmente sobre o escudo como rei de todos os francos, pero só sobreviviu un ano e os seus sucesores foron meros ''rois fainéants'' (‘reis folgazáns’). Morreu en [[Attigny, Ardennes|Attigny]] e foi soterrado en [[Noyon]].