Panteras Negras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m homónimos
Liña 1:
Nome dado frecuentemente ao '''Black Panther Party''' ('''Partido Pantera Negra'''), orixinariamente chamado '''Black Panther Party for Self-Defense''' ('''Partido Pantera Negra para a Autodefensa'''), organización afroamericana estadounidense fundada en [[Oakland, California|Oakland]], [[California]] en 1966 por [[Huey P. Newton]], [[Bobby Seale]] e [[David Hilliard]].
 
== Ideario político ==
Liña 20:
 
== Accións sociais ==
No seu traballo coa comunidade destacou o "Programa de almorzo gratuíto para nenos", encadrado dentro de diversas accións que tentaban reparar os altos niveis de anemia e desnutrición da poboación negra, inicialmente só na zona de [[Oakland, California|Oakland]]. Entre outras accións levaron a cabo tamén a habilitación de clínicas gratuítas, e realizaron probas de anemia, un servizo de ambulancias gratuítas e programas de rehabilitación de alcólicos e drogadictos. É de destacar que a loita contra as drogas foi un dos puntos máis importantes do seu ideario, pois considerábanas unha arma de dominación e alleamento da clase dominante sobre a poboación. Parte das súas accións neste sentido pasaron tamén pola difusión de propaganda contra o seu consumo e pola sabotaxe das operacións do narcotráfico.
Ademais, o seu programa social incluía clases gratuítas de [[dereito]] e [[economía]], así como de autodefensa e primeiro auxilios. Tamén promoveron a distribución gratuíta de roupa, e un servizo de transporte para uso de familiares das persoas presas.
== Autodefensa ==