Traquea (artrópodos): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
== Insectos ==
O sistema traqueal dos insectos consta dos seguintes elementos:
*'''Estigmas''' ou '''espiráculos'''. As traqueas conectan co exterior a través de poros arredondados chamados estigmas ou espiráculos que se abren ao exterior directamente ou posúen unha cámara ('''atrio''' ou cavidade subestigmática), que presenta estruturas como pelos ou espiñas que minimizan a perda de auga e impiden a entrada de po e [[parasito]]s, ou teñen diferentes sistemas de peche (válvulas, labios). Nos insectos con sistemas máis complexos de peche e apertura mesmo se pode controlar o fluxo de aire cunha especialización en espiráculos inhalantes e exhalantes. A distribución dos espiráculos pode variar moito entre os diferentes ordes de insectos, pero en xeral cada segmento do corpo pode ter un par.
 
* '''Traqueas'''. Son tubos ocos polos que circulan os gases respiratorios; ademais de estaren revestidas de cutícula presentan aneis en espiral ('''tenidios''') que as reforzan e impiden que colapsen. As traqueas son permeables aos gases en todo o seu percorrido. En relación coas traqueas poden existir '''sacos aéreos''' que son cámaras moi dilatables que almacenan aire e facilitan o voo e poden permitir a ventilación do sistema. Nos insectos o sistema traqueal está integrado, xa que as traqueas de cada espiráculo están conectadas e moitas veces entre traqueas de segmentos adxacentes, podendo formar troncos lonxitudinais.
 
*'''Traqueolas'''. As traqueas ramifícanse e fanse máis estreitas para orixinar as traqueolas que transportan os gases metabólicos desde e cara aos tecidos. As traqueolas, penetran nas células e actúan como puntos de intercambio de [[auga]], [[osíxeno]] e [[dióxido de carbono]].
 
Algúns insectos acuáticos intercambian gases directamente a través do [[tegumento]] grazas á existencia dunha especie de estruturas branquiais recubertas por cutícula moi fina, denominadas [[traqueobranquia]]s. Outros insectos de vida acuática teñen respiración aérea traqueal, porque manteñen unha burbulla de aire permanente retida por pelos hidrófobos. <ref name=Invert/>
 
== Miriápodos ==