Lluís Llach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2006 ás 14:06

Lluís Llach i Grande, naceu o 7 de maio de 1948 en Verges, Girona. É un músico e cantautor catalán que pertenceu ao grupo dos Setze Jutges e que está considerado como un dos máximos expoñentes da canción en lingua catalá.

Os seus pais foron un médico de aldea (de familia de terratenentes) que conseguira praza no pobo empordanés de Verges; e dunha mestra que recibira unha educación burguesa en Barcelona. Ten tamén un irmán chamado Josep Maria.

Segundo palabras do propio Llach, foi a súa mai quen introduciu a música na súa casa. A guitarra que utilizaron tanto el como o seu irmán pertencíalle a ela. Ademais, tiñan un piano. O pequeno Lluís compuxo as súas primeiras melodías con tan só seis ou sete anos, aínda que a súa primeira canción de verdade, con letra do seu irmán e música del, data de 1965, e tiña por título Que feliç era, mare ("Que feliz era, mai").

O seu debut musical foi a comezos de 1967 co ointegrante dos Setze Jutges, grupo do que foi o seu último membro e que pertencía ao movemento da Nova Cançó. Lluís Llach optou moi axiña pola liña do compromiso aberto, na que continuaría ao longo da súa evolución artística, só abandonada de forma parcial nos últimos anos para afondar na exploración e na experimentación musicais.

Contra o termo de 1969, logo duns éxitos cun impacto popular moi evidente, presentouse en solitario no Palau de la Música Catalana, onde se consolidou como un dos mellores cantautores do momento (cunha popularidade crecente en todos os niveis). Viaxou a Cuba, e presentouse tamén só diante do público de Madrid. Isto provocoulle duras prohibicións, xa que durante catro anos non puido cantar en Barcelona. Foi tamén daquela cando comezou a actuar de forma habitual en Francia, e máis concretamente en París, onde chegou a preentarse no prestixioso Olympia.

Após os seus recitais de 1975, foi detido, multado e durante máis de oito meses estiveron prohibidas todas as súas actuacións no Estado español. Llach regresaría cunha multitudinaria actuación o 26 de xaneiro de 1976 cunha multitudinaria actuación no Palau Municipal d'Esports de Barcelona.

Durante a súa carreira, alén de textos seus tamén musicou poetas como o grego Kavafis, Joan Salvat-Papasseit, Joan Oliver, Josep Maria Segarra, Màrius Torres ou Miquel Marí i Pol.

Algunhas das súas cancións máis populares son:

  • L'Estaca
  • El Bandoler
  • La Gallineta
  • Si arribeu
  • I si canto trist
  • Que tinguem sort
  • Fills d'Hiroshima
  • Itaca
  • Vaixell de Grècia
  • Jo també he dormit a l'alba


Discografía completa

  • Els èxits de Lluís Llach (1968)
  • Ara i aquí (1970)
  • Com un arbre nu (1972)
  • Lluís Llach a l'Olympia (1973)
  • I si canto trist... (1974)
  • Viatge a Itaca (1975)
  • Barcelona, gener de 1976 (1976)
  • Campanades a morts (1977)
  • El meu amic, el mar (1978)
  • Somniem (1979)
  • Verges 50 (1980)
  • I amb el somriure, la revolta (1982)
  • T'estimo (1984)
  • Maremar (1985)
  • Camp del Barça, 6 de juliol de 1985 (1985)
  • Astres (1986)
  • Geografia (1988)
  • La forja de un rebelde (BSO)(1990)
  • Torna aviat (1991)
  • Ara, 25 anys en directe (1992)
  • Un pont de mar blava (1993)
  • Rar (1994)
  • Porrera (1995)
  • Nu (1997)
  • 9 (1998)
  • Temps de revoltes (2000)
  • Jocs (2002)
  • Junts (2003)
  • Poetes (2004)
  • Que no s'ague la llum (conxuntamente con Feliu Ventura) (2005)

Ligazóns externas