Voces Ceibes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Category:Pendente categoría
m Corrigido "Lluís Llach"
Liña 6:
En xuño chegouse a un acordo con [[Edigsa]] de Barcelona para publicar o primeiro disco de cada un dos catro compoñente, en outono realizouse a gravación en Barcelona, no nadal realizáronse actuacións en varias localidades galegas ata que o 25 de xaneiro de 1969 o goberno declarou o estado de excepción que supuxo a paralización dos recitais. En 1969 actuaron en París, xa con [[Miro Casabella]]. En 1970 Xavier deixa Voces Ceibes e entra [[Xaime Manuel Barreiro]], Benedicto marchara á mili, e Guillermo Rojo acaba deixando tamén o colectivo. No nadal de 1970 entra durante breve tempo [[Tino Álvarez]]. Na primavera de 1971 marchou Miro Casabella e entraron [[Suso Vaamonde]] e [[Bibiano]].
 
En 1972 participaron na gravación do disco colectivo ''Cerca de mañana'' con [[LluisLluís Llach]], [[Elisa Serna]], [[Julia León]], [[Pablo Guerrero]], [[Xavier Ribalta]], [[Imanol Larzábal]], [[Adolfo Celdrán]] e [[Juanele]], saíu ó mercado en 1973 fóra de España.
 
As pelexas internas que xa levaban tempo furando no colectivo fan que o grupo desapareza no nadal de 1974.