Diferenzas entre revisións de «Abella mestra»

(→‎Funcións da abella raíña: arranxos da lingua)
 
== Como se produce unha raíña dentro da colmea ==
A raíña é unha larva alimentada por secrecionessecrecións das abellas obreiras ama de cría durante toda a súa vida. A cela que dará orixe a unha raíña, é denominada [[cela real]], ten a forma alongada, de aproximadamente 2 a 2,5 centímetros de longo. As abellas obreiras ama de cría encherán esta cela real cunha sustancia que secretan denominada [[xelea real]], operculandoa (pechándoa) ao 8º día, e ao día 16 da posta do ovo emerxe a raíña virxe.
 
A raíña é a única femia que está completamente desenroladadesenvolvida sexualmente. Isto é o resultado dunha dieta total de xelea real durante o período de desenvolvemento. Distínguese pola súa aparencia longa e delgada causada polo desenvolvemento completo dos ovarios no abdome. Ten un aguillón sen púa.
Aproximadamente cinco días logo de saír da cela, a raíña virxe fai uns voos de fecundación. Fai varios voos nun período de dous ou tres días, e pode copular con dez ou máis abellóns. Garda o [[esperma]] dos [[abellón]]s nun órgano especial, a [[espermateca]], e non copula máis logo deste período. Na [[colonia (bioloxía)|colonia]] atópase na área do [[niño de cría]].
 
== Voos de fecundación ==
13.785

edicións