Cova de Lascaux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: fi:Lascaux’n luola
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 38:
* A '''Sala dos Touros''' presenta a composición máis espectacular de Lascaux. As paredes de [[calcita]] son inaxeitadas para gravados, polo que só está adornada de pinturas, con frecuenca de dimensións inusuais: algunhas miden até cinco metros de longo.
 
Dúas fileiras de [[Uro (animal)|uro]]s están encaradas entre si, dous dunha banda e tres doutra. Os dous uros do lado norte van acompañados dunha decena de [[cabalo]]s e mais dun grande animal enigmático, pois ostenta dous trazos rectilíneos sobre a testa que lle gañaron o sobrenome de «[[unicornio]]». No lado sur hai tres grandes uros que flanquean a tres menores, pintados en vermello, así como seis pequenos [[cervo]]s e mais o único [[oso]] da gruta, solapado no ventre dun uro e de difícil interpretación.
 
* O '''Divertículo axial''' está tamén ornamentado de bóvidos, xunto a cabalos acompañados de cervos e de [[cabrito]]s. Un debuxo representando un cabalo a fuxir foi pintado con xiz de [[manganeso]] a uns 2,50 metros do chan. Algúns animais foron pintados no teito, semellando saltar dunha a outra parede. Con estas representacións, que deberon precisar o uso de andamios, entremestúranse numerosos signos (bastóns, puntos e máis signos rectangulares).