Peja Stojaković: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: simple:Peja Stojakovic
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 48:
Durante o ano [[2003]], só cabe destacar a final do concurso de triplos que realizou Stojaković contra Person de novo, que se desenvolveu entre un caos de bucinas que soaban no medio da súa actuación coma se acabar o tempo, e mesmo balóns que estiveron a piques de darlle, así que a organización que xa vía os asubíos do público decidiu anular esa serie (onde conseguiría 13 puntos) e deixar que fose Person o primeiro en comezar. Person que xa empezaba a notar o cansazo, fixo un total de 16 puntos. Chegaba a quenda de Stojakovic, que se supuña que xa estaría bastante cansado ante o seu cuarto intento da noite, pero foi todo o contrario. Fixo unha serie magnífica con 22 puntos (igualando o record da final que tiña Craig Hodges), e a punto estivo de conseguir máis, xa que quedou no último carro con só 2 puntos. Por segundo ano consecutivo, xogou o All-Star Game de [[Atlanta]], con 13 minutos sobre a pista e anotando 5 puntos.
 
Houbo que esperar ao ano [[2004]] para ver ao "gran" Stojaković en acción, aproveitou a lesión de [[Chris Webber|Webber]] para converterse na "xogador franquía" de Sacramento, facendo 24,2 puntos, 6,3 rebotes e 2,1 asistencias por noite en 81 partidos, ademais de conseguir un 43% de acerto en tiros de 3 puntos. Realmente unha tempada fantástica de Peja Stojaković, que [[Minnesota Timberwolves]] encargouse de estragar ao eliminar a Sacramento en Semifinais de conferencia por un axustado 4-3, ademais cabe sinalar que perdeu a final do concurso de triplas contra Voshon Lenard por 2 triplos, e despois de 3 anos seguidos gañándoa, xa non volveu a xogar outro concurso de triplos. Tamén foi, de momento o seu último All Star Game, en [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], onde xogou 13 minutos, anotando 5 puntos.
 
A partir desta tempada, chegaron os problemas para Stojaković. [[Chris Webber]] recuperouse da súa lesión, pero Stojaković non mantiña boa relación con el, ademais, o seu amigo Divac fora contratado polos Lakers xa que os Kings non contaban con el. Entón fixo elixir os directivos dos [[Sacramento Kings|Kings]], ou el ou Webber. Ao final Webber foi traspasado case á data límite para realizar traspasos na NBA e acabou nos [[Philadelphia 76ers]]. Era a oportunidade para Peja de converterse na referencia dos Kings. Pero non foi así. Esa mesma tempada os [[Sacramento Kings|Kings]] caeron de xeito vergoñento contra os [[Seattle SuperSonics]] en Primeira Rolda por 4-1, e a confianza en Stojaković comezaba a baixar xa que o seu nivel sempre decrecía na fase final do campionato e dubidábase da súa capacidade de liderado.