Los Angeles Kings: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:로스앤젤레스 킹스
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 28:
== Historia ==
=== Era do púrpura e dourado (1967 a 1987) ===
A cidade de [[Os Ánxeles]] estivo interesada por albergar unha franquía na [[NHL]], xa que o estado de [[California]] xa contaba con varios equipos de hockey en diversas ligas locais. Cando a liga Nacional decidiu expandirse, o empresario canadense [[Jack Kent Cooke]], propietario de [[Los Angeles Lakers]], pagou dous millóns de dólares por ter unha do seis prazas que se outorgaban. Cooke decidiu instalar o seu equipo na cidade angelina, xa que á comunidade de afeccionados ao hockey había que sumar un importante número de cidadáns procedentes de estados norteños da costa oeste en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e [[Canadá]]. O novo club chamouse ''Los Angeles Kings'', adoptou o púrpura e dourado como cores principais e xogarían en [[The Forum]].
 
Durante as súas primeiras tempadas participaron xogadores como Bill Flett, [[Eddie Joyal]], [[Eddie Shack]] e [[Real Lemieux]] entre outros. Durante as súas primeiras tempadas os Kings conseguiron confirmarse como un equipo competitivo, pero a partir da década de 1970 o seu xogo empeorou sensiblemente. Existiu unha mala xestión deportiva, pola que o equipo prefería fichar xogadores nos seus últimos anos de carreira profesional, e non se recuperaron até [[1974]] cando, baixo o mando de [[Bob Pulford]], volveron clasificarse para un playoff. Pouco despois, as fichaxes de [[Marcel Dionne]] e [[Rogie Vachon]] axudaron para que os Kings terminasen en segunda posición da [[División Norris]] en [[1975]]. Dionne formou en [[1979]] unha tripla liña coñecida como ''Tripla Coroa'', xunto aos novatos [[Dave Troyes]] e [[Charlie Simmer]], que serviu para que Os Angeles tivese un dos mellores ataques da NHL.