Kareem Abdul-Jabbar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 78:
==== Os Angeles Lakers ====
===== 1975-1979: Esquecendo a Chamberlain =====
[[Wilt Chamberlain]] retirouse dous anos antes, feito que axuda a explicar a marca de 30-52 dos Lakers e o seu último lugar na tempada [[1974]]-[[1975|75]].<ref>[http://www.basketball-reference.com/leagues/nba_1975.html 1974-75 NBA Season Summary]</ref> Abdul-Jabbar axudou traendo dez vitorias máis na súa primeira tempada en [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]]. A súa contribución foi de 27,7 puntos e 16,9 rebotes por partido gañando de novo o título de [[MVP NBA|MVP da Tempada]], o cuarto en sete anos na liga.<ref>[http://www.nba.com/history/awards/19751976.html Postseason Awards - 1975-76]</ref> A seguinte tempada [[Jerry West]] foi elixido como adestrador dos Lakers, e guiou ao equipo ao primeiro posto da liga cunha marca de 53-29. Abdul-Jabbar (26,2 puntos, 13,3 rebotes, 57,9% de porcentaxe de tiro de campo, 261 tapóns) foi nomeado [[MVP da Tempada da NBA|MVP da Tempada]] por quinta vez en oito anos, igualando a marca da lenda dos Celtics [[Bill Russell]]. Pero os Lakers foron varridos nas Finais de Conferencia polos que serían campións, [[Portland Trail Blazers]], quen tiñan a outro temible home alto en [[Bill Walton]]. A pesar dos esforzos de Abdul-Jabbar, os Lakers terminaron a campaña en metade da división nos dous seguintes anos. Continuou contribuíndo con grandes números, aínda que se perdeu 20 partidos en [[1977]]-[[1978|78]] tras romper unha man nunha pelexa co novato dos Bucks [[Kent Benson]] no primeiro partido da tempada. Os mozos Jamaal Wilkes e Norm Nixon parecían prometedores, pero Los Angeles, no entanto, seguían sumidos na mediocridade.
 
===== 1979-1985: Magic e o Showtime =====
Liña 135:
 
== Carrera de actor ==
O xogar en [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] facilitoulle o probar como [[actor]]. Abdul-Jabbar fixo o seu debut na gran pantalla na película "Game of Death" xunto con [[Bruce Lee]], participando na rodaxe orixinal de Bruce Lee en [[1973]] antes da súa morte; e estreada en cinemas en [[1978]]; nesta película, Kereem e Bruce enfróntanse no combate máis famoso da película.<ref>[http://imdb.com/title/tt0077594/ Game of Death]</ref> En [[1980]] apareceu como Roger Murdock en "Airplane!", onde Jabbar ten unha escena memorable falando cun neno que realmente lle recoñeceu como o xogador dos Lakers. Jabbar coméntalle que el é Roger Murdock, o piloto do avión, pero o raparigo segue insistindo que é "o mellor" pero que segundo o seu pai "non traballa moito en defensa e nunca o tenta, excepto en playoffs". Isto fai que o personaxe interpretado por Abdul-Jabbar se enfurezca e agarre ao mozo gritándolle "ouvín esa merda desde que estou en [[UCLA Bruins|UCLA]]!" e referíndose ao pai do raparigo "dille que tente levar a [[Bill Walton|Walton]] e [[Bob Lanier|Lanier]] durante 48 minutos arriba e abaixo da pista".<ref>[http://imdb.com/title/tt0080339/quotes Frases memorables da película Airplane!]</ref>
 
Jabbar apareceu en numerosas series de televisión e películas, como son as películas Fletch!, BASEketball e Slam Dunk Ernest, as series Diff'rent Strokes, Full House, O Príncipe de Bel-Air e Scrubs. Fixo un cameo en [[1994]] na pelicula de Mick Garris, "Apocalipsis" baseada nunha novela de Stephen King. Tamén foi o coproductor executivo da película "The Vernon Johns Story" de [[1994]].