Constitución española de 1978: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: it:Costituzione della Spagna
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 79:
A Constitución de 1978 rompe unha tradición centralista iniciada en 1700 por [[Felipe V de España|Felipe V]]. Como intento de solución ao problema rexional e ás reivindicacións dos grupos [[Nacionalismo|nacionalistas]] vasco e catalán, sen esquecer as [[minoría]]s [[nacionalismo|nacionalistas]] galegas, valencianas, canarias e andaluzas, créase un novo modelo de Estado descentralizado, no cal cada rexión convértese nunha [[comunidade autónoma]] con autogoberno, parlamento autonómico, tribunais de ámbito rexional e un [[Estatuto de autonomía]] que establece o modelo e as competencias que pode asumir.
 
A Carta Magna establecía dúas posibilidades de autonomía. As nacionalidades históricas, [[Cataluña]], [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]] e [[Galicia]], seguirían unha vía rápida e con maiores competencias (aplicación do artigo 151). [[Andalucía]] tamén conseguiu o título de nacionalidade histórica, grazas a que así o solicitaron a maioría dos seus concellos e foi ratificado en referendo o 28 de febreiro de [[1980]].
 
O resto de rexións rexeríase polo artigo 143, excepto [[Comunidade Foral de Navarra|Navarra]] (que se constituía en [[Comunidade foral]] respectando a súa peculiar tradición foralista). A concesión da autonomía demorouse máis no tempo e a transferencia de competencias foi máis lenta.