Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Dereitos de autoría»

m
r2.7.3) (Bot: Modifico: as, eu, lt, qu; cambios estética
m (r2.7.3) (Bot: Modifico: as, eu, lt, qu; cambios estética)
Coa meta de cumplir os obxectivos anteriores, os textos contidos na Wikipedia están licenciados ao público baixo os termos da '''GNU Free Documentation License''' (GFDL, [[licenza de documentación libre de GNU]]). Pode consultar o texto completo desta licenza [[Wikipedia:Texto da GNU Free Documentation License|aquí]].
 
:<b>'''Autorízase a copiar, distribuir e/ou modificar este documento baixo os termos da Licenza GNU de documentación libre, na súa versión 1.2 ou calquera versión posterior publicada pola [[Fundación de Software Libre]]; sen seccións invariantes, nen textos de portada ou de contraportada.</b>'''
:<b>'''Unha copia da licenza está incluída na sección denominada «[[Licenza de documentación libre de GNU]]».</b>'''
:<b>'''O contido da Wikipedia está suxeito aos termos da [[Wikipedia:Advertencia xeral]].</b>'''
<!--- mira o texto da GFDL, «''How to use this license''» para saber porque empregamos estas palabras¿? --->
 
O texto orixinal en inglés da GFDL é o único documeto ''legalmente válido''; o que sigue é a nosa interpretación da GFDL: os dereitos e obrigas dos usuarios e colaboradores
 
<font size="+1">IMPORTANTE: se desexas empregar contidos procedentes da Wikipedia, le primeiro a sección [[#Dereitos e obrigas dos usuarios|Dereitos e obrigas dos usuarios]]. Tamén deberías ler a [[licenza de documentación libre de GNU]].</font>
 
== Dereitos e obrigas dos usuarios ==
Se desexas empregar os materiais da Wikipedia no teu propio libro/artigos/páxinas web ou outras publicacións, pódelo facer, pero tes que seguir a GFDL. Se só estas a copiar o artigo da Wikipedia, debes seguir [[Wikipedia:Texto da GNU Free Documentation License#VERBATIM COPYING|a sección dous]] da GFDL; ''verbatim copying'' (copia literal).
 
Se creas unha versión derivada cambiando ou engadindo contidos, tes que ter en conta o seguinte:
 
* Os teus materiais deben ser licenciado baixo os termos da GFDL.
* Debes recoñecer a autoría do artigo (sección 4B).
* Debes proporcionar acceso á «copia transparente» do material (sección 4J). (A «copia transparente» do artigo da Wikipedia é o texto do wiki.)
 
Podes cumplir as dúas ultimas obrigas proporcionando unha ligazón ao artigo da Wikipedia hospedado neste sitio web. Tamén tes que proporcionar acceso a unha copia transparente do novo texto. Sen embargo, ten en conta que a Wikimedia Foundation non garante a conservación da información da autoría e unha copia transparente dos artigos. Polo tanto, animámoste a proporcionar esta información de autoría e unha copia transparente coas túas obras derivadas.
 
=== Exemplo de aviso ===
Un exemplo de aviso para un artigo que emprega o artigo da Wikipedia [[Variábel metasintáctica]] podería ser así:
 
De outra forma, podes distribuir a túa copia de «Enerxía potencial» xunto con unha copia da GFDL (coma se explica no texto) e unha lista de polo menos cinco autores principais na portada (ou no alto do documento).
 
=== Materiais de uso aceptábel e requirimentos especiais ===
Todo o texto procedente da Wikipedia distribúese baixo os termos da [[Wikipedia:Texto da GNU Free Documentation License|Licenza GNU de documentación libre]]. Ás veces, os artigos da Wikipedia poden incluir imaxes, sons, ou citas empregadas baixo a o principio do que a lei de Copyright dos Estados Unidos considera "uso aceptábel" (''fair use''). Prefírese que se obteñan baixo a licenza máis [[libre]], (como a [[GFDL]] ou o [[dominio público]]). Nos casos nos que nengunha imaxe ou son estén disponíbeis acéptase o emprego de imaxes de "uso aceptábel" (ata que existan imaxes libres equivalentes disponíbeis).
 
</table> -->
 
== Emprego de imaxes ==
As imaxes e fotografías, o mesmo que os traballos escritos, están suxeitos a ''[[copyright]]''. Perténcenlle a alguén a menos que se puxesen explicitamente no [[dominio público]]. Para as imaxes de Internet hai que obter a licenza directamente do posuidor do copyright ou dalguén con capacidade para xestionar esa licenza no seu nome. Nalgúns casos pódense seguir as directrices do "uso aceptábel" coas fotografías.
 
=== Etiquetaxe ===
As páxinas de descrición de imaxes poden ser etiquetadas cunha etiqueta especial para indicar o estado legal das imaxes, como se indica en [[Wikipedia:Modelos para etiquetas de copyright]]. Non está claro que acontece cando a mesma imaxe foi publicada máis dunha vez na Internet con diferentes reinvindicacións de copyright.
 
=== Fotografías do goberno dos [[EUA]] ===
Os materiais que produzan empregados do goberno federal dos [[Estados Unidos]] no ámbito do seu traballo considéranse legalmente como dominio público. Porén, apesar da idea popular, o Goberno Federal dos EEUU pode ter de dereitos que lle foran traspasados por terceiros. Por vía de regra, as fotografías dos sitios .mil e .gov están no dominio público. Existen, porén, algunhas excepcións notábeis. Comprobe o aviso sobre privacidade e seguranza do sitio web. Hai que ter tamén en conta que os gobernos doutros países reclaman o copyright das obras producidas polos seus empregados (como, por exemplo, o [[Copyright Real]] no [[Reino Unido]]). Igualmente, a maioría dos gobernos de estados dos Estados Unidos de América non poñen o seu traballo no dominio público e mesmo non posúen o copyright do seu traballo. Convén comprobar con coidado a información sobre a propiedade antes de copiar.
 
=== Fotografías de famosos ===
Isto está baseado no libro de estilo de imaxes da [[IMDB]] (sitio web que ofrece unha "base de datos de películas"); aplícase polo tanto especialmente ás fotografías dos famosos, pero tamén pode aplicarse a outras imaxes. As fotografías lexítimas xeralmente proceden de tres sitios diferentes '''con autorización'''.
 
# Os estudos, os produtores, as editoriais ou o medio que orixinalmente tirou a foto.
# As axencias que representan os fotógrafos que sacaron a foto ou o mesmo fotógrafo (especialmente no caso das fotografías feitas por aficionados).
# Envios do propio famoso/a ou o seu representante legal.
 
=== Fotografías da [[NASA]] ===
{{AP|Wikipedia:Fotos da NASA}}
 
== Dereitos e obrigas dos colaboradores ==
Se vostede contribúe con material á Wikipedia, licénzao ao público baixo a GFDL (sen seccións invariábeis, textos de portada ou textos de contraportada).
 
No segundo caso, se incorpora materiais externos á GFDL, como requisito da GFDL terá que recoñecer a autoría e fornecer un vínculo ao lugar da Rede no que estaba a copia orixinal. Se a copia orixinal requiría seccións invariábeis, teraas que incorporar no artigo da Wikipedia; prefírese, sen embargo, que, sempre que for posíbel, substitúa os textos da GFDL con seccións invariábeis por contidos orixinais sen seccións invariábeis.
 
=== Utilización de material protexido por ''copyright'' producido por terceiros ===
Se usa parte dunha obra protexida por copyright baixo o principio de "uso aceptábel", ou se obtén un permiso especial para usar material protexido por copyright de quen o detenta baixo os termos da nosa licenza, deberá facelo constar (xunto cos nomes e datas). Consta entre os nosos obxectivos a posibilidade de redistribuir libremente canto material da Wikipedia sexa posíbel, polo que se prefiren imaxes orixinais e ficheiros de son licenciados baixo a GFDL ou no [[dominio público]] a ficheiros de medios con copyright con "uso aceptábel".
 
<!-- (See [[plagiarism]] and [[fair use]] for discussions of how much reformulation is necessary in a general context.) -->
 
=== Como doar materiais da súa autoría, suxeitos a copyright, á Wikipedia ===
{{Artigo principal|Wikipedia:Como doar materiais}}
 
=== Ligazóns a traballos protexidos por ''copyright'' ===
Normalmente, as ligazóns a obras baixo copyright non representan un problema, sempre que se faga un esforzo razoábel para determinar que a páxina en cuestión non viola o copyright "de terceiros". De ser o caso, ''non'' ligue para esa páxina. Se ese enlace contribúe á violación está ainda por determinar nas leis mais, en calquer caso, ligar cun sitio que distribúe ilegalmente o traballo de terceiros fainos un fraco favor.
 
=== Se atopas un incumprimento dun ''copyright'' ===
Non é o traballo dos wipidedistas normais examinar cada artigo na procura de violacións de copyright, mais se suspeita que se producíu, debería como mínimo chamar a atención sobre ese feito na páxina de conversa desa páxina. Haberá quen examine a situación e tome unha resolución, se procede. O máis útil que pode facer é fornecer un URL ou outra referencia ao que considere que é a orixe do texto.
 
En casos extremos de colaboradores que continúen a publicar material protexido por copyright e que ignoren as advertencias que se lles fagan, poderáselles bloquear de contribuir proxecto.
 
== Se algún dos contidos hospedados na Wikipedia foi empregado sen o seu permiso ==
Se é propietario dun contido que se está a empregar na Wikipedia sen o seu consentimiento, pode solicitar que sexa eliminado da Wikipedia inmediatamente premendo [[Wikipedia:Request for immediate removal of copyright violation|nesta ligazón]]. Tamén pode porse en contacto co [[Wikipedia:Designated agent|Axente destinado]] para que sexa eliminado permanentemte, pero pode levar ata unha semana eliminar a páxina así (tamén pode borrar a páxina pero o texto continuara estando no historial da páxina). En ambos os dous casos precisaremos algunhas probas para aceptar a súa petición de recoñecemento de propiedade.
 
[[ar:ويكيبيديا:حقوق التأليف والنشر]]
[[arz:ويكيبيديا:حقوق النسخ]]
[[as:ৱিকিপিডিয়া:স্বত্বাধিকাৰকপিৰাইট]]
[[ast:Uiquipedia:Derechos d'autor]]
[[be:Вікіпедыя:Аўтарскія правы]]
[[es:Wikipedia:Derechos de autor]]
[[et:Vikipeedia:Autoriõigused]]
[[eu:Wikipedia:EgilearenEgile eskubideak]]
[[fa:ویکی‌پدیا:حق تکثیر]]
[[ff:Wikipedia:Copyrights]]
[[lij:Wikipedia:Copyrights]]
[[lmo:Wikipedia:Drecc da còpia (copyright)]]
[[lt:Vikipedija:AutorinėsAutorių teisės]]
[[lv:Vikipēdija:Autortiesības]]
[[mg:Wikipedia:Copyrights]]
[[pl:Wikipedia:Prawa autorskie]]
[[pt:Wikipédia:Direitos de autor]]
[[qu:WikipidiyaWikipedia:Ruraqpa hayñin]]
[[rmy:Vikipidiya:Autorenge xakaya (chachimata)]]
[[ro:Wikipedia:Drepturi de autor]]
76.349

edicións