Receptor de células B: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
O '''receptor de células B''' ('''BCR''') é unha proteína receptora transmembrana situada na superficie dos [[linfocito B|linfocitos B]] (células inmunitarias produtoras de [[anticorpo]]s). O linfocito B contacta co antíxeno estraño por medio do seu receptor, o que é necesario para a súa activación. O residuo do receptor que se une ao antíxeno é un anticorpo integrado na membrana, que expón ao exterior as súas rexións Fab, e que, como todos os anticorpos, ten un sitio de unión específico para un certo antíxeno, determinado aleatoriamente durante a maduración dos clons de linfocitos B (cada clon de células B ten unha especificidade distinta). Cando un [[linfocito B]] se une por primeira vez ao seu antíxeno específico, é activado, empeza a proliferar e a diferenciarse, xerando unha poboación de [[célula plasmática|células plasmáticas B]] de grandes [[retículo endoplasmático|retículos endoplasmáticos rugosos]] produtoras e secretoras de anticorpos, e [[célula con memoria|células B con memoria]], que non actuarán ata que se produza unha resposta secundaria durante a segunda exposición a ese mesmo antíxeno.