Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
{{entradución}}
O '''receptor de células B''' ('''BCR''') é unha proteína receptora transmembrana situada na superficie dos [[linfocito B|linfocitos B]] (células inmunitarias produtoras de [[anticorpo]]s). O linfocito B contacta co antíxeno estraño por medio do seu receptor, o que é necesario para a súa activación. O residuo do receptor que se une ao antíxeno é un anticorpo integrado na membrana, que expón ao exterior as súas rexións Fab, e que, como todos os anticorpos, ten un sitio de unión específico para un determinadocerto antíxeno, determinado aleatoriamente durante a maduración dos clons de linfocitos B (cada clon de células B ten unha especificidade distinta). Cando un [[linfocito B]] se une por primeira vez ao seu antíxeno específico, é activado, empeza a proliferar e a diferenciarse, xerando unha poboación de [[célula plasmática|células plasmáticas B]] de grandes [[retículo endoplasmático|retículos endoplasmáticos rugosos]] produtoras e secretoras de anticorpos, e [[célula con memoria|células B con memoria]], que non actuarán ata que se produza unha resposta secundaria durante a segunda exposición a ese mesmo antíxeno.
 
O receptor da célula B ou BCR exerce dúas funcións esenciais na súa interacción cos antíxenos. Unha función é a transdución de sinais, que implican cambios na oligomerización do receptor. A segunda función é mediar na internalización e posterior procesamento do antíxeno e a presentación de péptidos do antíxeno ás [[célula T colaboradora|células T colaboradoras]] ou T<sub>H</sub>. As función do BCR son necesarias para unha produción normal de anticorpos, e os defectos na transdución de sinais desde o BCR poden orixinar [[inmunodeficiencia]], <ref>{{cite journal|last=Conley|first=Mary Ellen|coauthors= A. Kerry Dobbs, Dana M. Farmer, Sebnem Kilic, Kenneth Paris, Sofia Grigoriadou, Elaine Coustan-Smith, Vanessa Howard, and Dario Campana|title=Primary B cell immunodeficiencies: comparisons and contrasts|journal=Annual Review of Immunology|year=2009|volume=27|url=http://www.annualreviews.org/DOI: 10.1146/annurev.immunol.021908.132649?url}}</ref>, [[autoinmunidade]] <ref>{{cite journal|last=Goodnow|first=Christopher| |title=Multistep pathogenesis of autoimmune disease|journal=Cell|year=2007|volume=130|issue=1| }}</ref>, e tumores de células B <ref>{{cite journal|last=Corcos|first=D|coauthors= MJ Osborn, LS Matheson|title=B-cell receptors and heavy chain diseases: guilty by association?|journal=Blood|year=2011|volume=117| issue=26|}}</ref>.
174.329

edicións